Neste seminario darase a coñecer á poboación como poder conservar os excedentes das nosas hortas, o valor nutricional dos productos, asi como a importancia de entender o etiquetaxe.
- Data: Venres 11 de marzo
- Horario: De 16:00 a 19:30h
- Lugar: Local social de Rezomilo (Vilar)
Para participar é imprescindible inscribirse no Concello. Darase prioridade aos veciños/as que non participaran en edicións anteriores
Esta sesión formativa será impartida dende Adercou, en colaboración co Campus de Ourense da Universidade de Vigo.