Xeografía

Coñece a Xeografía do Concello de Esgos

O eixe da configuración vertical é unha ancha vagoada entre as cotas 480 e 580 metros dende a marxe Oeste vai estreitándose hacia Esgos e representa un tercio da superficie.

Polo Noroeste exténdense os derrames de Cabeza de Meda nada visible dende a parte cha cunhas elevacións máis sobresaientes entre os 1.147 e 1.128 metros lindando con Nogueira.

O Relevo

Dentro deste ángulo a altitude descende ata os 800 metros nos que comezan os cultivos e os pobos. Corta a vagoada polo Leste a falda de Os Chairos de 793 metros, a parte central está constituida por alturas que non forman alineacións existindo un principio de agrupación nos montes de Rocas que se ven culminados en Outeiro de Arcos (893 metros) e en O Castelo (721 metros).

O acusado perfil de O Castelo domina o horizonte do lugar de Esgos ó Noroeste, o lado Sur da vagoada de montañas máis tendidas e desgastadas é o declive dos montes de Eirado ou Eirasvedras e a intersección dos tres Concellos de Esgos, Paderne e Maceda está na falda de O Birbiza de 790 metros.

Característico da orografía da zona Centro-Norte a afloración de penedos aguzados co nome xenérico de rocas.
Ó Oeste un dos cotos naturais máis fermosos é o de Rocas, un dos principais compoñentes son O Barbeirón 700 metros que na súa falda occidental presta asento ó Mosteiro.

No Sureste atópase O alto do Couso de 710 metros.

Hidrografía

A orografía só permite a existencia de regatos que constitúen a cabeceira esquerda do río Loña, afluente do Miño en Ourense. Na cima do seu curso nace o regato de O Porto que atravesa Lobaces e Gomariz.

O colector dos demáis é O Grañal que verte no curso medio do Loña. Outros regatos transcorren por Feirobal, Salgueiro, Corgo e Purgazal. Ó tramo de Salgueiro engádeselle pola súa esquerda o regato de Pazos que cruza o pobo de Esgos.

Nos pobos de Laioso e As Campiñas atopámonos con diversidade de muíños situados nos cursos de auga e conservados a día de hoxe, que constitúen a admiración de moitos visitantes debido a súa idiosincrasia particular. Forman todos eles o que poderíamos denominar, «Ruta dos Muíños».

Finalmente tampouco podemos esquecelas augas potables presentes neste concello, que se manifestan en diversidade de fontes, todas elas procedentes da montaña.