Mosteiro de San Pedro de Rocas

Igrexa Rupestre de San Pedro de Rocas

En plena ruta da Ribeira Sacra, o mosteiro de San pedro de Rocas destaca pola súa singularidade e transportanos a tempos pasados.

Dúas características fan do Mosteiro de San Pedro de Rocas un lugar único: a súa antigüidade e o seu sistema construtivo.

Situado a 17 Km. de Ourense pola estrada C-536, chégase ó Mosteiro tomando un desvío á esquerda entre os pobos de Esgos e O Pinto.

Pertence este Mosteiro ao Concello de Esgos, terra de anacoretas e eremitas en épocas pasadas e posteriormente, de cordeleiros, albardeiros, peneireiros, afiadores, alfareiros e agricultores.

A paisaxe coa que nos atopamos ó acceder ó Mosteiro é sobrecolledora, árbores que se espesan para dar a benvida, rocas salpicadas no monte que antaño acolleron inmensidade de segredos conseguindo cautivar a aqueles monxes e invitándolles a construir aquí a súa morada.

Na imaxe da esquerda obsérvase a capela de San Pedro de Rocas cando era iglexa parroquial (antes de que se realizaran as excavacións).

En plena ruta da Ribeira Sacra, San pedro de Rocas destaca pola súa singularidade, pero inda sen estar ós pes do río Sil , chama ao recollemento e á soidade transportándonos a tempos pasados.

Como moitos outros, San Pedro de Rocas basa a súa orixe nunha lenda, pero cunha testemuña que amosa testimonio epigráfico, é a chamada Lápida fundacional conservada actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que nos desvela co seu estilo de letra decorativo que estamos ante un monumento de alto medieval.

Nela podemos ler: HEREDITAS:N EVFRAXI:EVSANI: QVINEDI:EATI:FLAVI: RVVE:ERA.dªCXªI:

A inscripción reflicte uns nomes de persoas, todas elas varóns herdeiros de «algo» en San Pedro de Rocas no ano 573, equivalente á data 611. A pesar de que a lápida chámase fundacional a palabra «hereditas» alude a algo que se recibiu en herdanza e os personaxes que aparecen nomeados na mesma non foron os seus fundadores senón os seus herdeiros.

Como vemos, o conxunto naceu nunha época anterior ao século VI, sen que poidamos afirmar exactamente unha data concreta. Xurde nunha paisaxe rodeada de «eremitas» que chegan ata o Río Sil configurando o que se coñece como Ribeira Sacra.

É probabel que o lugar sofrise un deixamento no século VIII coa presencia islámica na nosa terra, xa que os mouros chegaron a Ourense ó redor do ano 716, sometendo ó edificio a un período escuro ata o século IX cando Alfonso el Magno repobou a cidade e os seus arredores…

¿Cómo chegar ao Mosteiro de San Pedro de Rocas?

Centro de interpretación da Ribeira Sacra

No Mosterio de San Pedro de Rocas encontrase o Centro de Interpretación da Rribeira Sacra, ubicado nun dos edificios do propio cenobio.

O inmoble conta con 843 metros cadrados de superficie, distribuidos en dous andares. No primeiro andar, as salas amosan como vivían os monxes, a paisaxe da Ribeira Sacra e a historia de San Pedro de Rocas.

O segundo andar trata de afondar nas tradicións, os oficios artesanais e o viño da comarca, mediante paneis informativos e medios audiovisuaies, para que o visitante poida sentir a Ribeira Sacra ourensá dun xeito único, lúdico e interactivo.

¿Precisas máis información?

Facilitámoste os seguintes enlaces nos que poderás encontrar máis información sobre o turismo no noso concello