No concello de Esgos poderá atopar monumentos típicos da zona coma monasterios, petos, igrexas e capelas…
Mosteiro de San Pedro de Rocas
Situado a 17 Km. de Ourense pola estrada C-536, chégase ó Mosteiro tomando un desvío á esquerda entre os pobos de Esgos e O Pinto. Pertence este Mosteiro ó Concello de Esgos que forma parte da Ribeira Sacra. Declarado monumento histórico-artístico (arte rupestre).
Os veciños de Esgos acudían con asiduidade ó Mosteiro, proba delo é este peto que se atopa no Camiño Real que une Esgos con Rocas. É unha manifestación material do culto ós mortos, da devoción polas Ánimas que non atopan descanso no purgatorio.
Peto de Quinta
Situado en Quinta pertencente á Parroquia de Sta Olaia de Esgos distante 1,8 km. da capital do Concello…
Peto de Cachamuiña
Situado en Cachamuiña da Parroquia de Sta María de Esgos Concello de Esgos (Ourense). Dista 1 km. da capital do Concello.
Peto de Gomariz
Situado en Gomariz, Parroquia de Loña do Monte do Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).