Centro Médico
Centro Médico
- Praza da Souteira S/N 32720 - Esgos, Ourense
- 988 29 01 71
- 988 29 01 71
- 8:00 - 15:00
Centro de Urxencias de Maceda
- C/ Toural nº 12 Maceda, Ourense
- 988 46 37 06
O Concello de Esgos conta cunha ampla gama de servizos municipais a disposición dos nosos veciños co obxectivo de cubrir todas as necesidades dos veciños e veciñas, dende os pequetos, ata os máis maiores.
A Actividade comezou a día 1 de Maio de 2013 cuncha capacidade de 57 prazas residenciais máis 22 prazas no Centro de Día.
Pode ver todas as actividades que se realizan na Residencia de Maiores na súa páxina de Facebook.
Listaxe de todas as asociacións as que pode pertencer dentro do Concello de Esgos
A asociación cultural «As Laxas» nace en decembro de 1998. O fin co que se forma é de promoción, formación, integración social e desenvolvemento comunitario da localidad, sen interese lucrativo algún. Dentro desta asociación atópase a Escola de Gaitas do Concello de Esgos e coma consecuencia desta escola nace a Banda de Gaitas do Concello de Esgos. A escola de Gaitas trata de recuperar a tradición musical Galega a través dun grupo de profesores que semanalmente imparten clases de gaita, pandeireta e percusión a un grupo importante de mozos.
En canto á Banda de Gaitas do Concello de Esgos, leva máis de quince anos difundindo e promocionando a cultura galega tanto a nivel provincial, autonómico e incluso nacional. Dende a súa formación as actuacións son innumerables, algunhas das máis destacadas tiveron lugar en Portomarín, Silleda, Monterroso, Madrid, Valladolid, San Sebastián, Portugal, etc.
Na actualidade a Banda de Gaitas atópase na primeira división dentro da Federación Galega de Banda de Gaitas.
Esta asociación foi constituida ó 23 de marzo de 2004. O seu Nº de rexistro é o 2004/007155-1(OU), no Rexistro Provincial de Asociacións da Consellería de Xustiza.
Trátase dunha asociación sin ánimo de lucro, sin motivacións políticas e totalmente gratuita. A principal motivación para a constitución desta asociación foi que os agricultores da Comarca de Esgos poideran contar en exclusiva cun técnico agrícola subvencionado pola Administración Autonómica e pagado por ésta.
Este técnico, ademáis de asumir as tarefas de asesoramento ós socios, deberá encargarse da súa coordinación para o seguimento dun programa técnico de defensa contra plagas e enfermedades das hortas e frutais, e tamén impartirá cursos de formación (todos eles totalmente voluntarios e gratuitos).
A asociación de mulleres rurais «Os picotiños», constitúese a comezos do ano 2003.
Os seus fins principais son:
Cada ano programan diferentes cursos, visitas e charlas informativas.
A asociación creouse no ano 2005, e os seus fins entre outros son:
A asociación de veciños de Lobaces constitúese o día 1 de novembro de 1998, fixando a súa sede social en Lobaces (Esgos)
Dende a súa creación os seus fins son os seguintes:
Ó largo do ano desenvólvense charlas e cursos seguindo as indicacións dos socios
A asociación cultural «O rezomilo» constituíuse no verán de 2001, fixando a súa sede social en Vilar (Esgos).
Dende a súa creación os seus fins son os seguintes:
Actividades periódicas: