Alesgos é unha repetición, xa que al- (cf ríos Aleste, Aliste, etc) alternate de Ar- (ría de Ares, río Arenteiro) ou mesmo con Ul- ( río Ulla) teñen o valor da auga, corrente de auga ou torrente, entón en “Alesgos” temos un “río- río”, o que leva a chamarlle Eskos. As formas medievais do río e lugar son Alesgos (1007) e Eysgos (1290), chegando a esquecerse co paso do tempo o primeiro compoñente, quedando definitivamente Esgos do latín Eskos, nome que levaban implícito as dúas feligresías existentes no lugar, Santa María de Esgos e Santa Olaia de Esgos.
En canto á toponimia do lugar, atopámonos cos pobos de Melón (arriba e abaixo) no cumio do monte, que significa “monte, rocha grande” mentres que outros reflicten a hidrografía do lugar, comezando por Regueiro (forma latina tardía, rigariu, reko) que declina en corrente que vai por un suco.
Feirobal ou Foirobal, nome empregado nas batidas de lobos tan frecuentes no século XIX (foxo era un pozo de forma cúbica excavado na terra = val) disimulado con polas, para enganar á «Fiera» a caer, de ahi «Feira atraida por val». Outros hidrónomos moito máis antigos son A Lama, A Meiroá que son voces ilirias moi presentes no Noroeste peninsular, que declinan en «terreo húmido, barro».
Na oronimia atopámonos con Cachamuiña, que parte de «Casa de illa muiña» ou «casa da muiña» lugar de muiños. Polo Sur,atopámonos co monte Halván (Falván) e o pobo de Laioso (Lagenoso) lugar que transcorre ó pé do citado monte, que declina en «sitio de pedras, de laxes».
No ano 1153, atopámonos no Mosteiro de Rocas con «Parata Zore vel Parata Comitis» (Parada do Conde, hoxe chamada Pardeconde. Hai nomes en Esgos que se refiren directamente ós posuidores do lugar, así Guimarás que nas escrituras aparece como Guimaranes, e antigamente «Vimaranis ou Villa Vimaranis» trátase dun lugar onde había unha granxa. Calsomiro en 1423 aparece coma «Calsumillo» comezou sendo casa de «illo Miro» nome latino de home, Rebolar é «lugar abundante en Rebolo» (carballo pequeno), Tarreirigo é outro derivado de «Terra, terreiro»(terr espacio para o recreo) co sufixo -icu engadido posteriormente,Soutelo, diminutivo de «souto» era un bosque de castiñeiros, Rocas, nada ten que ver coas rocas de fiar, senón cos grandes penedos inxentes que se levantan no monte e que foron perforados para levantala Igrexa de San Pedro de Rocas nunha paisaxe sobrecolledora, onde os eremitas ou anacoretas vivían sementando o pan, coidando ó gando, tecendo a súa roupa e fabricando os seus queixos. Os estudios anteriores van a encamiñar a nosa visita por este municipio, guiando a nosa curiosidade e atopando resposta a moitas das dúbidas que se nos plantexen ó divisar lugar tan peculiar.