Para conmemorar o Día da Muller (8M) e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes organizamos unha marcha pola igualdade para o sábado 5 de marzo ás 16:00h.
Percorrido da andaina:
A marcha discurrirá pola ruta dos muiños, con dúas opcións:
- 5 km: Comezo en Esgos e remate na área recreativa de Laioso
- 10 km: Comezo e remate en Esgos
Para participar é necesario inscribirse nos Servizos Sociais do Concello ou na biblioteca.