Libretas pola igualdade

A educación e a cultura son as fórmulas para conseguir o progreso e o avance da sociedade en todos os campos, tamén nesta da igualdade de mulleres e homes. É unha tarefa lenta, pero moi efectiva.

Dentro da programación do 8M (Día da muller) hoxe presentamos a libreta pola igualdade coa que buscamos visibilizar e sensibilizar á veciñanza sobre o valor social da igualdade de mulleres e homes. As primeiras páxinas están ocupadas por información de interese: teléfonos e páxinas web, títulos de libros dispoñibles na biblioteca, termos e definicións e frases inspiradoras sobre

Trátase dunha edición limitada de libretas que entregaremos ás persoas que participaron ata o martes día 8 na actividade «Erradicar os micromachismos» organizada pola biblioteca municipal.

Os participantes na andaina da muller do pasado sábado tamén recibiron uns pequenos agasallos: camisetas, sombreiros, bolsas ou mochilas, que tiveron unha boa acollida.