Festas

Descobre as nosas festas e non te esquezas de ningunha gracias o noso calendario de festas

2 de Febreiro

As Candelas. Patroa de Esgos.

29 de Xuño

Festa de San Pedro en Folgoso e Gomariz

11 de Xullo

Festa de San Benito en Quinta do Monte

1º Sábado de Agosto

Feira Agroalimentaria do Pinto
É unha feira na que se exaltan os productos típicos das hortas do Concello. Tamén hai varios expositores relacionados co mundo do agro (ferreterías, maquinarias, etc...) e ademáis as Asociacións Veciñais expoñen os traballos feitos durante todo o ano. Este día o Concello ofrece a tódolos seus veciños e visitantes unha degustación gratuita de Callos. Ademáis contan con carpas para comer Polbo, Churrasco...

1º fin de semana de Agosto

Festas de San Pedro en Pardeconde

5 de Agosto

Nosa Señora das Neves en Lobaces

Agosto

Festa do emigrante en Esgos
É o día anterior á celebración das festas de San Vitores (en Esgos). O obxecto desta celebración é dar unha homenaxe a tódalas xentes das terras de Esgos,que por unhas causas ou outras víronse na necesidade de deixar a súa terra e emigrar a outros lugares tanto de España coma do exterior. Durante esta reunión os veciños disfrutan dunha comida típica galega (polbo, empanada, bicas, viño...). Tamén conta coa actuación da banda de gaitas do Concello. Esta festa sempre coincidíu a Xoves, en horario de tarde ( a partires das 20:00 h.).

26 de Agosto

Festas de San Vitores en Esgos
Comenzan o venres con un concerto Rock ou folk e o sábado, domingo e luns hai festas e verbenas amenizadas por orquestras da zona.

Domingo despois das festas de San Vitores

Comida da Santa Bárbara
Os veciños da parroquia de Santa Eulalia organizan unha comida a base de pulpo, churrasco, e postres.

1º fin de semana de Setembro

Festa de San Cibrao en Meiroas
Son dous días de festas, sábado e domingo. O venres os veciños deste pobo invitan a unha churrascada a tódolos visitantes.

11 de Novembro

Festa do Magosto
Aínda que o día propio é o 11, normalmente celebrase en fin de semana. Festa típica da provincia de Ourense. Participan tódolos veciños co desexen. Festa organizada polo Concello. O producto típico desta festa é a Castaña. Prepáranse castañas asadas para tódolos veciños, ademáis de chourizos asados, churrasco, bica, viños e licor café.