A biblioteca municipal abríuse no ano 1990 e aínda que estivo algún tempo pechada, dende setembro de 2009 ata outubro de 2023 estivo prestando servizo de maneira ininterrrumpida na planta baixa do Concello.
En 2019 resulta premiada na súa primeira participación no concurso de proxectos de animación á lectura María Moliner do Ministerio de Cultura. Dende entón participamos nas seguintes convocarias obtendo premio en todas elas.
Dende o 3 de xuño de 2020 a Biblioteca Municipal de Esgos está integrada no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Este novo sistema permite, entre outras ventaxas o acceso con carné único aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas: consultas, reservas, renovacións… Así como o acceso á plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe.
En 2021, despois de que os herdeiros de Delio Parada doaran ao Concello a vella palleira situada no centro de Esgos, comezouse o proxecto de rehabilitación desta construcción que estaba en estado ruinoso para destinala á nova biblioteca.
Tentouse manter a tipoloxía tradicional da construcción, sen modificar a imaxe, nin o volume nin os materiais tradicionais como muros de pedra, estrutura e carpintería de castiñeiro e tella de cerámica e se descubríu a aira de pedra que está fronte ás portas de entrada.
O 2 de novembro de 2023, despois dunha semana de traslado abrimos a biblioteca nesta nova ubicación, onde seguimos ofrecendo o servizo de préstamo de libros infantís e para adultos, conexión a internet gratuíta, ordenadores, impresión de documentos, prensa diaria e actividades de animación á lectura entre outras.
Ofrécese servizo de préstamo de libros infantís e para adultos, conexión a internet gratuíta, ordenadores, impresión de documentos, prensa diaria e actividades de animación á lectura entre outras