Saúdo do Alcalde

Esgos e a súa xente conforman un Concello traballador, orgulloso da súa historia e comprometido co seu futuro. Un lugar, unhas persoas humildes e hospitalarias onde a riqueza do noso patrimonio histórico-artístico e a espectacularidade das nosas paisaxes dánse a man.

Queridas amigas e amigos de Esgos:

Aproveito a oportunidade como alcalde deste fermoso concello, para darvos a benvida a esta páxina que as novas tecnoloxías nos ofrecen e que Esgos abre para que coñezades a nosa realidade.

Esgos e a súa xente conforman un concello traballador, orgulloso da súa historia e comprometido co seu futuro. Un lugar, unhas persoas humildes e hospitalarias onde a riqueza do noso patrimonio histórico-artístico e a espectacularidade das nosas paisaxes se dan a man para que os disfrutemos sen exclusións.

Esta páxina do concello está aberta a tódalas suxerencias e as vosas opinións para enriquecer este instrumento que pómos o voso servicio, co fin de facer deste espacio un lugar de encontro.

No meu nome e no da corporación que me honro presidir quero facervos chegar un saúdo moi especial e invitarvos a participar da nosa cultura, do noso dinamismo e sobre todo, da nosa xente.

Unha aperta para todos.

Mario Rodríguez González

Precisas Axuda?

Póñase en contacto co Concello de Esgos dende a nosa páxina de contacto. Atenderémolo coa maior brevedade posible