Rutas

Rutas de senderismo no Concello de Esgos

Descubra o noso Concello disfrutando da natureza ó longo das nosas rutas de sendeirismos e en coche

Rutas para facer senderismo

Camiño Real de San Pedro de Rocas (PR GR4)

A ruta descorre por unha congostrque conserva os seus muros laterais e o empedrado onde se poden ve-las rodeiras dos carros que transitaban antigamente. Este «Camiño Real» constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara as terras de Aguiar e Ourense.

Destacar o peto de Ánimas de Meiroá, pero sobre todo o Mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico artístico fundado no año 573. O mosteiro ofrece unhas vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre iste lugar.
Saimos de Ourense dirección Castro Caldelas – Maceda. situado a 18 Km. Atopámonos coa localidade de Esgos. Unha vez no lugar dirixímonos ó centro de saúde, inicio da ruta.

Itinerario

Saimos de Esgos, onde está o centro de saúde, a 500 metros nun cruce de camiños desviámonos ás piscinas da localidade para a 2.3 Km. chegar a Quinta do Monte. Pola estrada de Cernada – Arcos dirixímonos ó Mosteiro de San Pedro de Rocas que data do ano 573, foi un dos primeiros da Rivoyra Sacrata e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e de Europa.
En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico. Sírvese dun cume como elemento condicionante de toda a sua estructura. Os arredores do mosterio de San pedro de Rocas resultan ideais para a práctica da escalada. Situado a 8.2 km atopámonos con Calsomiro, a escasos 800 m do final da ruta.

Ruta dos Muiños | Ruta do Río Grañal

Trátase dunha ruta lineal duns 7 km que discurre prácticamente ao carón do río Grañal e une os pobos de Esgos e As Campinas, pasando por Lampazas e Laioso. Á ruta tamén pódese acceder dende Folgoso, Laioso e Tarreirigo.
  • Para comezar dende As Campinas: Collendo a comarcal OU-536 ao chegar a altura de O Pinto collemos un cruce á dereita dirección ao concello de Paderne de Allariz. Ao pasar As Campinas, no límite de ámbolos concellos atópase o pobo de Riobodas dende o que se accede a zona do río Grañal onde atopamos os muiños de “ponte pedriña”
  • Para comezar dende Folgoso: Collendo pola comarcal OU-536 antes de chegar ao km 13 atopamos un cruce a dereita cara Folgoso. No fondo de pobo, colleremos un cruce á dereita para dirixirnos cara unha granxa de vacas. No primeiro cruce que atopamos á esquerda comeza a ruta.
Unha vez estemos no camiño seguiremos dereito sen coller ningún cruce ata que comecemos a baixar, vexamos os primeiros muiños.
Baixaremos ata o río para cruzar a ponte pedriña e ver os 3 muiños. Se entramos dende o fondo do pobo de Riobodas chegaremos ata este punto baixando unhas escaleiras de madeira. Para continuar a ruta, volveremos a cruzar a ponte e subir por onde baixamos ata que nos atopemos cun cruce á dereita.
Continuamos por este cruce.

Ruta do camiño natural da Ribeira Sacra

Pasado Melón Alto, na zona próxima ó Castro de Litoira, hai unha variante que comunica polo pobo de Arcos ca «Ruta do Camiño Real». Dende a ermita Virxe do Monte continua por pista forestal hacia Cortecadela, Mosteiro de Santo Estevo, e finalmente un sendeiro en baixada comunica ca estrada de Peares e finaliza na estación de tren de San Esteban.

Datos técnicos

Enlaces de interese