Entroido de Esgos

O Felo de Esgos

Esgos tamén posúe un traxe típico

Moita xente descoñece a existencia do disfrace típico do Concello de Esgos: O traxe dos Felos. Alá polos anos 60 moita xente disfrazábase con este traxe, semellante ó empregado polos Peliqueiros e os Cigarróns.

¿Cómo é o traxe de  Entroido típico de Esgos?

O traxe consistía nunha camisa branca, cunha gravata rechamante e colorida, que levaba nos ombreiros uns panos de cores vivas, e arredor do pescozo unha pañoleta atada en pico.

Arredor dos hombros, tanto por diante como por detrás, levaban cosidas unhas cintas de diferentes anchos e diferentes cores: vermellas, verdes e amarelas.
Pola parte de abaixo, ían vestidos cun calzón largo de punto branco e por enriba unhas enaugas brancas ás que ían cosidas tamén, cintas en forma de «U» arredor da cintura e en cada xeonllo un lazo curto anoado de cor azul, amarelo ou vermello como se pode ver nas fotos.
Antiguamente o calzado consistía nunhas botas elásticas con polainas, ou ben unhas botas feitas con pel de becerro, pero na actualidade foron substituídas por zapato baixo ou ben botas de auga. Poderíamos dicir que os dous detalles máis importantes deste traxe son : O cinto con esquilóns, e que a cara ía cuberta cunha carauta feita cun cartón cilíndrico que cubría toda a cabeza ata os ombros. Cada persoa decoraba as caretas ó seu modo e na actualidade substituíronse por unha máscara de libre elección.

Cando os felos ían polos pobos, levaban varios acompañantes: As Madarnas, que eran señoritas ben axeitadas e con moito postureo. Os Ananos, que levaban un traxe frouxo reenchido de herba ou palla e na cabeza puñan unha piñeiro ou cribo atado no pescozo, e tamén ían as caballerizas, principalmente mulas e asnos.

 

Contan tamén que había unha vella tradición que recibía o nome de «poñe-la coresma», que constistía nun intercambio de monecos de palla que se levaban dun pobo a outro e ás agachadas porque para o que a recibía era unha gran ofensa, xa que eran obxecto de burlas ou mofas. Había xente que incluso pola noite do mércores de cinxa non durmía vixiando os camiños para que ningún dos pobos veciños entrara no propio para poñela coresma.