Banda de Gaitas

Banda de Gaitas "Concello de Esgos"

A escola de gaitas do Concello de Esgos inicia a súa andadura no ano 1993

Despois de oito meses de labor infatigable forma con esforzo a Banda de Gaitas do Concello de Esgos con 27 compoñentes, os cales fan a súa presentación oficial nas festas de Vilar de Ordelles así como tamén asistindo o 10 de decembro de 1993 a toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia.

Dirección

Centro Cultural do Pinto - O Pinto, 32720 - Esgos (Ourense)

Teléfonos

988 290 000
619 360 061

Directores

Beatriz González
Manuel Gil

Ano de funcación

1993

Nº de Compoñentes

30

Na actualidade a Banda de Gaitas do Concello de Esgos milita no segundo grao da Liga Ibérica de BB.GG

A escola de gaitas do Concello de Esgos inicia a súa andadura no ano 1993. Despois de oito meses de labor infatigable forma con esforzo a Banda de Gaitas do Concello de Esgos con 27 compoñentes, os cales fan a súa presentación oficial nas festas de Vilar de Ordelles así como tamén asistindo o 10 de decembro de 1993 a toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia.

Nese mesmo mes, a banda afianza a súa fudación participando por primeira vez nos campionatos da LL.GG.BB.GG.

No ano 1995, a banda é seleccionada para o primeiro Certamen Galego de Bandas e Grupos de Gaitas,patrocinado pola Consellería de Cultura e transmitido pola TVG.

En abril de 1996,pola ubicación da Banda de Gaitas de Esgos dentro da Ribeira Sacra, grava un CD en colaboración coas demais bandas da zona, co fin de potenciar a cultura da Ribeira Sacra ourensá.

Algunhas das actuacións máis relevantes ó longo destes 16 anos de traxectoria son: Zurich, Madrid, Centro Galego de Elgoibar, Ermua, Alcalá de Henares, Colmenar del Arroyo, Val de Morillos, Badajoz, Mondariz, Porriño, Lalín, Baiona, Eibar, Aveiro, Norte de Portugal, Santa Cruz de Tenerife, Francia, etc.

Tamén son de destacar as actuacións realizadas en diferentes feiras e exposicións como Expourense, ou a feira de mostras de Valladolid, así como tamén en programas de televisión tanto nacionais como internacionais.

Na actualidade a Banda de Gaitas do Concello de Esgos milita no segundo grao da Liga Ibérica de BB.GG.

COLABORA: