Asuntos Sociais

Coñeza os servizos de asuntos sociais

Os servicios sociais de atención primaria constituén o nivel máis próximo ó usuario e o seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.

O Centro de Servicios Sociais do Concello de Esgos está ubicado no edificio da casa do Concello, situado na Praza de la Souteira s/n (Esgos).
O persoal da área de Servicios Sociais está composto por dúas traballadoras sociais e tres auxiliares de axuda no fogar.

Dende os Servicios Sociais do Concello de Esgos lévanse a cabo os seguintes programas:

  1. Programa de orientación, asesoramento e información.
  2. Programa de axuda no fogar
  3. Programa de inserción social.
  4. Programa de animación, prevención e cooperación social.
  5. Programa de aloxamento alternativo.
    • Programa de Educación Familiar.
    • Oficina municipal de Información Xuvenil
    • Programa de Teleasistencia domiciliaria.
    • Programa da Muller.
    • Programa Preescolar na casa.
  6. Programa «xantar na casa».
  7. Programa «Préstamo de axudas técnicas».

Contacte cos servizos de asuntos sociais

Teléfono

988 290 000

Fax

988 290 006

Dirección

Praza Souteira, s/n, 32720 Esgos

¿Precisas Axuda?

Póñase en contacto co Concello de Esgos dende a nosa páxina de contacto. Atenderémolo coa maior brevedade posible