Actividades Nadal 2023

Publicamos as actividades organizadas polo Concello este Nadal

Obradoiro de adornos con Tricotín

Venres 15 e 22 de decembro ás 17:30h na biblioteca municipal.
Obradoiro de adornos de Nadal dirixido a nenos e nenas. Prazas limitadas.
Este obradoiro ten un custe por persoa de 5€ destinado ao pago do material.

XXIV Concurso de postais

Poderase utilizar todo tipo de materiais.
As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 29 de decembro. Non se recollerá ningunha postal despois desta data.

Pazolandia

Mércores 27 de decembro
Imprescindible anotarse no Concello antes do 22.
Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 5€ para os non empadroados

Emilio Rúa en concerto

Xoves 4 de xaneiro ás 19:00h no Centro Cultural Parada Justel.

Concerto de Nadal

Actuación da escola e Banda de Gaitas do Concello no Centro Cultural Parada Justel.

Visita dos Reis Magos

O 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada Justel os Reis Magos entregarán os premios do XXIII Concurso de Postais.