Co gallo do 25N – Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres levaremos a cabo dende o concello diferentes actividades:
- Inauguración dun espazo para reflexionar sobre as relacións de parella, o sábado na aira da biblioteca.
- Inauguración da «Ruta da mesa dos mouros» o domingo, cunha mini andaina circular de 7 km.
- Xornada de autodefensa para mulleres, que se celebrará en xaneiro por cuestións de axenda.
Dende a biblioteca tamén se promocionarán esta semana os libros sobre igualdade e violencia de xénero e para o martes 28 de novembro está prevista ás 18:00h a presentación do libro Os segredos de Teresa, de Oscar M. Guzmán, no que tamén se trata a violencia contra as mulleres.
Ademais as asociacións tamén organizarán actividades como unha andaina das Mulleres Rurais Os Picotiños e un obradoiro sobre violencia dixital na Asociación Rezomilo de Vilar.