Volta Ciclista a España Feminina 2021

 Do 2 ao 5 de Setembro terá lugar a Volta ciclista a España Feminina 2021 con 5 etapas en Galicia

Etapa 1: ?Manzaneda – ?A Rúa

Etapa 2: ?Contrareloxo Estación de Manzaneda ?

Etapa 3: ?Estación de Manzaneda- ?Pereiro de Aguiar

Etapa 4: ?As Pontes – ? Santiago de Compostela

 A etapa 3 «CABEZA DE MANZANEDA – O PEREIRO DE AGUIAR” (4 de Setembro) pasará polo noso concello, pola estrada OU-536 dende o Alto do Couso ata Porta do Sol. Debido a este evento deportivo o tráfico na estrada OU-536 verase afectado entre as 12:00 e as 14:00h do sábado.

Os cruces que a continuación se relacionan estarán regulados pola Garda Civil ou por Protección Civil:

  1. ALTO DO COUSO
  2. FEIROBAL
  3. PARDECONDE – A LAMA
  4. ESGOS
  5. LAMPAZAS
  6. TARREIRIGO
  7. ACHAS -VILAR
  8. O PINTO
  9. FOLGOSO – A CABALGADA
  10. PORTADOSOL

 Solicitamos a colaboración dos veciños e veciñas para que no horario citado circulen o menos posible por esas zonas.