A Deputación de Ourense e Sogama inician a II Campaña de Compostaxe doméstica.

Aprende a sacar proveito do teu propio lixo orgánico

Se vives no Concello de Esgos, e non participaches noutras campañas de compostaxe doméstica e tes unha horta ou xardín de como mínimo 50 m2 poderás participar nesta campaña.
Recibirás un composteiro e asesoramento para conseguir un fertilizante de calidade contribuindo así ao coidado do medio ambiente.
Máis información nas oficinas municipais e na biblioteca.