Excursión ao Castro de Santa Tegra, A Guarda e Baiona

Recuperamos a excursión que non puidemos realizar no mes de maio así que o sábado 16 de setembro visitaremos o Castro de Santa Tegra, A Guarda e Baiona.

Como é costume a reserva de prazas farase por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os vecinos e veciñas empadroados neste concello. O prazo de inscrición ábrese o mércores 6 de setembro.

 

– Prezos: 25€ empadroados e 35€ non empadroados