O sábado 11 de maio iremos de excursión á Ribeira e Padrón.
Itinerario:
- Saíremos de Esgos ás 8h directos a Ribeira, onde disporemos de tempo libre para desfrutar da feira, pasear ou visitar a Sala Museo Municipal de Ribeira, con máis de 700 obxectos doados polos veciños e unha colección de bonecas con traxes tradicionais galegos.
- Dende o Miradoiro da Curota, no Concello da Pobra do Caramiñal observaremos unha das mellores panorámicas da ría de Arousa e as súas vilas.
- Comeremos en Padrón onde tamén disporemos de tempo libre e visitaremos a Casa Museo Rosalía de Castro.
Inscricións:
- Reserva de prazas por riguroso orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para os vecinos e veciñas empadroados neste concello.
- O prazo de inscrición ábrese o mércores 24 de abril.
- O prezo da excursión é de 30€ para as veciñas e veciños empadroados e de 40€ para os residentes non empadroados neste concello.