O domingo 11 de febreiro ás 17:30 h na praza da Souteira (Esgos) terá lugar o desfile e concurso do Entroido.
Premios a comparsas e grupos numerosos (máis de 7 persoas):
- 1º clasificado: 100 € + Xamón
- 2º clasificado: 80 € + Cachucha
- 3º clasificado: 70 € + Lacón
Grupos reducidos (de 3 a 7 persoas):
- 1º premio: 60 €
- 2º premio: 40 €
- 3º premio: 20 €
Premios Individuais:
- 1º individual/parella: 40 €
- 2º individual/parella: 20 €
- 1º individual/parella Infantil: 40 €
- 2º individual/parella Infantil: 20 €
Os felos tamén farán o seu tradicional percorrido polos pobos: ás 9:30h saíran de Esgos para dirixirse á Tarreirigo, Vilar, Loña, Gomariz, Lobaces, Cernada, Quinta, Melón, Meiroás, Touza, Fondodevila, Pardeconde, Paradela e Alto do Couso. Ás 17:30h participarán no desfile na Praza da Souteira (Esgos).