O venres 19 de xaneiro abrimos ao público a pista de pádel de Esgos.
Publicarase unha ordenanza reguladora deste servizo, pero de momento imos probar un sistema de reserva previa a través dun enlace web que se proporcionará na biblioteca municipal, xunto coas condicións e responsabilidades de uso.
Agardamos que esta infraestructura sexa un aliciente para incorporar a práctica do deporte no día a día das veciñas e veciños, e que a coidemos e conservemos entre todos.