Axudas á natalidade

O Concello de Esgos ven de aprobar unha liña de axudas ás familias para sufragar os gastos derivados do nacemento, acollemento ou adopción de nenos e nenas do Concello.


A axuda consistirá nunha prestación económica de 500 euros por nacemento, adopción ou acollemento de menores acaecidos nos anos 2021 e 2022.

Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos menores, tales como:

  • Vestimenta, calzado…
  • Utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o
    bebé.
  • Produtos sanitarios, de hixiene e medicamentos.
  • Alimentación infantil.
  • Cueiros, babeiros, chupetes, cambiador, carriño, mobiliario…