Axudas á escolarización

Publicadas hoxe as bases das axudas destinadas á adquisición de material escolar co fin de compensar ás familias do Concello de Esgos con fillos matriculados no Ciclo de Educación Infantil.


A contía das axudas será de 90 euros por neno/a para os cursos de 4º,5º e 6º de Educación Infantil (3,4 y 5 años).

Serán subvencionables os gastos derivados da adquisición de material escolar e complementario que sexa necesario como consecuencia da escolaridade:

  • Material escolar funxible: cadernos, folios, cores, lapis, bolígrafos, cartafoles, tinta de impresora…
  • Material complementario: regras, estoxo, mochilas.
  • Material deportivo: chándal, tenis, camisetas, calcetíns.
  • Roupa de abrigo e calzado.