Xornada «A administración preto de ti»

Persoal da Subdelegación do Goberno se desprazará ata o noso Concello para explicar o funcionamento da administración electrónica dentro das xornadas «A Administración preto de ti».

Ademais emitirán o certificado electrónico ás persoas que o desexen evitando así desprazamentos. Sólo será necesario acudir co DNI en vigor.

O certificado electrónico permite realizar trámites de forma segura coa Administración Pública e Entidades Privadas a través de Internet, olvidándose de desprazamentos, esperas innecesarias e citas previas.

Co certificado electrónico tamén chamado certificado dixital instalado no teléfono móbil ou no ordenador poderás:

  • Solicitar e tramitar subvencións,
  • solicitar ou calcular a idade de xubilación
  • solicitar a tarxeta sanitaria europea
  • obter o informe de vida laboral
  • consultar o saldo de puntos do carné de conducir
  • solicitar a prestación por desempleo, certificado de antecedentes penales, solicitude e renovación de licenzas de armas
  • consultar os datos dos inmobles do titular,
  • Acceder ao historial clínico
  • pagar multas e impostos, etc.

Luns 23 de xaneiro ás 12:30h no Salón de plenos do Concello de Esgos. (Non é necesario apuntarse para asistir, pero sería recomendable para coñecer o número de persoas interesadas)

Máis información nas oficinas municipais e na biblioteca.