Programación de Actividades para Xullo

O Concello de Esgos presenta unha completa programación de actividades para este mes, con propostas culturais, deportivas, formativas e de lecer dirixidas a públicos de todas as idades.

 

A programación comezará o xoves 2 de xullo coa charla «Alimentación, clave no ciclo das mulleres», enmarcada no Proxecto Maruxa Mallo, que terá lugar ás 18.00 horas en Pardeconde.

 

O xoves 9 será a quenda de «Muller e deporte», tamén dentro do Proxecto Maruxa Mallo, ás 19.00 horas no Centro Cultural Parada Justel, en Esgos.

 

Durante a fin de semana do 11 e 12 de xullo desenvolverase o obradoiro «No hace falta ver el fuego para saber que el mundo está en llamas». O sábado celebrarase de 10.00 a 13.30 horas no Local Rezomilo, en Vilar de Ordelles, mentres que o domingo terá lugar no mesmo horario no Centro Cultural Parada Justel de Esgos.

 

O xoves 16 continuará o ciclo Maruxa Mallo coa actividade «Saúde sexual ao longo da vida», que se celebrará no Local Rezomilo, en Vilar de Ordelles.

 

A programación continuará o venres 17 co concerto do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco, ás 20.00 horas na Praza da Souteira de Esgos.

 

O domingo 19 concentrará varias propostas. Ás 9.30 horas celebrarase a tradicional Quedada BTT, con saída desde a Praza da Souteira. Ademais, a mesma praza acollerá unha sesión de Pilates, dentro do programa +Deporte La Región.

 

O domingo 26 terá lugar o II Encontro de Campaneiros, organizado na parroquia de Santa Ana de Chaodarcas, unha cita que busca poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado ao toque tradicional das campás.

 

Finalmente, o xoves 30 pecharase a programación mensual coa actividade «Cinema con ollos de muller: peli e coloquio», integrada no Proxecto Maruxa Mallo, que se celebrará ás 19.00 horas no Centro Cultural Parada Justel de Esgos.

 

Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nestas actividades, que combinan promoción da igualdade, cultura, deporte, saúde e posta en valor do patrimonio local.

 

Ademais, a piscina municipal estará aberta todos os días de 12:30h a 20:30h