Programa Coidados porta a porta 

O programa Coidados porta a porta da Xunta de Galicia volve ao noso concello

A unidade móbil desprazarase a Esgos os días 6, 7 e 8 de setembro e estará situada na praza da Souteira.

Prestarán servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos.

  • Servizo de Podoloxía: realízase unha consulta básica; unha avaliación do estado xeral do pé, un corte e limpeza das uñas, eliminación de callos, e helomas.
  • Servizo de Audioloxía: Avaliación e exploración funcional da audición e prevención da hipoacusia.
  • Servizo de estimulación da memoria: un profesional realizará unha avaliación cognitiva e proporcionará pautas desde a perspectiva terapéutica sobre como previr e reducir o deterioro, se é o caso.
Ademais, nesta ocasión impartirán unha charla sobre «Os coidados básicos do oído» o xoves 7 de setembro ás 19:00h na planta de arriba do Centro de Saúde (Esgos)
Para solicitar cita previa chamar aos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou a través do correo [email protected].