A finais do mes de setembro de 2022 comezaba o obradoiro de emprego Terra de Mosteiros 2022
Obradoiro subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade e promovido pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ourense.
Ademais do noso Concello participan outros sete proporcionando emprego, formación e aprendizaxe a 20 alumnos destes 8 concellos cun contrato dun ano de duración.
Os novos alumnos fórmanse nas especialidades de forestal e albanelería realizando no noso concello varias tarefas:
- Restauración da fonte e lavadoiro de As Campinas
- Acondicionamento e axardinado das piscinas municipais
- Desbroce e limpeza da ruta dos muiños