Este Concello levou a cabo unha mellora do alumeado público no núcleo de Esgos, que era de baixa eficiencia enerxética.
As instalacións existentes, cunha antiguidade de máis de 20 anos estaban bastante deterioradas, instaladas en báculos algúns deles defectuosos e outros mal ubicados no medio das beirarrúas, impedindo o normal uso dos viandantes e máis aínda das persoas con movilidade reducida.
Desta maneira se conseguiron os seguintes obxectivos:
- Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de alumeado público actuáis, as cales eran de alto consumo e enerxéticamente ineficientes. Coa mellora feita consiguese unha redución do consumo enerxético do orde do 84,73%.
- Mellora medioambiental mediante a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, do orde de 1,46 toneladas de CO2 anuais
- Mellora da seguridade vial na travesía do núcleo de Esgos coa mellora sustancial da iluminación