Curso de defensa persoal para mulleres

Dende os Servizos Sociais do Concello de Esgos e dentro do Plan de Igualdade, por mor do Día Internacional pola eliminiación da Violencia contra a Muller, preténdese organizar un curso de autodefensa (física, psicolóxica e emocional) para mulleres.

– Data: Sábado 30 de Novembro
– Horario: 16:00 A 19:30 h.
– Lugar: Centro Cultural Parada Justel (Esgos)

Inscricións nos Servizos Sociais do Concello antes do 22 de novembro. Denon cubrirse un mínimo de 15 prazas non poderá levarse a cabo a actividade.