Contacontos «Fantasías de papel»

Fátima Fernández explicaranos a historia e os tipos de libros móbiles ou despregables que existen, de transformación, solapas, imaxes emerxentes, lingüetas, carrusel, etc…
Mostrará libros que utilizan éstas técnicas e contaranos historias nas que o protagonismo lévano as figuras que se despregan desde o seu interior.

 Data: Venres 27 de agosto

 Hora: 11:30 h

 Lugar: Praza da Souteira, Esgos

 

Organiza: Biblioteca de Esgos, dentro do programa de animación á lectura «Ler conta moito» da Xunta de Galicia.