Cine de verán

Desfruta do cine no concello de Esgos

Este verán poderemos desfrutar de dúas sesións de cine en Esgos coa proxección das películas «Cuñados» e «Live is life» no Centro Cultural Parada Justel.

Cuñados

Comedia familiar dirixida por Toño López que xira en torno a tres cuñados cun plan disparatado para lograr un obxectivo común. Protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Fede Pére.

  •  Venres 22 de xullo ás 22:30

Live is life

 Película de Dani de la Torre ambientada na Ribeira Sacra que narra as aventuras dun grupo de cinco rapaces que pasan un verán inolvidable.
  •  Venres 19 de agosto ás 22:00h