Campamento de verán 2021

O campamento de verán Esgos 2021 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada.

DESTINATARIOS/AS

O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos. No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.

NÚMERO DE PRAZAS

Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.
En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación:

  1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM
  2. Familias empadroadas no concello de Esgos
  3. Familia monoparental
  4. Que ambos proxenitores traballen actualmente
  5. Familias numerosas

No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.

HORARIOS E QUENDAS

Este campamento levarase a cabo de luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas, durante os meses de xullo e agosto.

  • Do 5 ao 16 de xullo
  • Do 19 ao 30 de xullo
  • Do 2 ao 13 de agosto
  • Do 16 ao 27 de agosto

Estas quendas son orientativas.

PREZOS

Os prezos son os seguintes:

  • 10 €/quincena para os empadronados
  • 20€/quincena para os residentes non empadronados

As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as matriculados no campamento.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.
Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida na lista de espera.
Debido á situación sanitaria que estamos a sufrir provocada pola pandemia do Covid-19, deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De ter algún síntoma prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as medidas oportunas e non deberían levar aos fillos/as ao campamento.
Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados polo Servizo de Prevención do Concello de Carnota, no marco das recomendacións publicadas polas autoridades sanitarias.

OBSERVACIÓNS

  1. Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.

  2. Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e que traian unha pequena merenda para a media mañá, unha gorra e unha botella de auga.

  3. No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.

PRAZO E INSCRICIÓNS

O prazo de solicitude de praza abrangue dende o 17 ata o 29 de xuño (ambos incluídos). O formulario de inscrición poden solicitalo nas oficinas municipais ou preferiblemente a través do correo electrónico [email protected] ou [email protected]

 

A partir do 30 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos