Axudas á natalidade para o ano 2023

O Concello de Esgos ven de aprobar unha liña de axudas ás familias para sufragar os gastos derivados do nacemento, acollemento ou adopción de nenos e nenas do Concello.

A axuda consistirá nunha prestación económica de pago único por nacemento, adopción ou acollemento de menores acaecidos no ano 2023, que se outorgará en función do cumprimento dos requisitos establecidos na normativa.

Serán subvencionables aqueles gastos destinados á adquisición de artigos para o coidado dos/as menores, tales como:

  • Vestimenta, calzado…
  • Utensilios de puericultura, artigos de seguridade para o/a bebé.
  • Produtos sanitarios, de hixiene e medicamentos.
  • Alimentación infantil.
  • Cueiros, babeiros, chupetes, cambiador, carriño, mobiliario…


Prazo de solicitude:

Para nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de publicación das bases no Boletín Oficial correspondente será de 15 días naturais, a partir do día seguinte da súa publicación (9 de outubro de 2023)
No suposto de nenos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as con posterioridade á publicación das bases, as solicitudes presentaranse no prazo de 15 días naturais desde o nacemento, adopción ou acollemento.


Contía das axudas

A contía das axudas ratearase entre as diferentes solicitudes presentadas, coa contía mínima de 200,00 euros e máxima de 500,00 euros por solicitante, en función do número de solicitudes presentadas, ata esgotar o crédito orzamentario consignado para o efecto.