Apertura das piscinas municipais

Comunícase que as piscinas municipais abrirán o día 6 de xullo, en horario de 14:00 h a 21:00 h.

Dada a situación sanitaria provocada pola COVID-19 e a reducción obrigatoria do aforo, terán preferencia no acceso a piscina pola seguinte orde:
  • Inscritos/as no padrón municipal de habitantes con BONO
  • Non inscritos/as no padrón municipal de habitantes con BONO
Os interesados nos BONOS, deberán pasar polo Concello en horario de 9:00 h a 14:00 h ou pola biblioteca municipal en horario de 17:30 h a 20:00 h.

Os PREZOS dos BONOS son os seguintes:

  • Menores de 10 Anos: Gratis, pero con reserva de BONO
  • De 11 a 17 anos: 10 € (empadronados) e 20 € (non empadronados)
  • De 18 a 65 anos: 15 € (empadronados) 30 € (non empadronados)
  • Maiores de 65 anos Gratis, pero con reserva de BONO (empadronados) e 30 € (non empadronados)

Aplicarase un desconto do 20 % aos prezos anteriores para familias (pais/nais e fillos/as) sempre que se paquen 3 bonos ou máis.