Actividades culturais no mes de xullo

O concello organiza para esta semana dúas actividades dirixidas aos máis pequenos, ainda que tamén poden participar os adultos:

Obradoiro de Xogos Tradicionais

Trátase dunha actividade que ten como obxectivo a conservación e a transmisión dos xogos tradicionais galegos ás novas xeracións, buscando así un ocio alternativo ás pantallas.
 
Mércores 19 de xullo de 10 a 13h na Praza da Souteira (Esgos)
 
(Gratuito, para todos os públicos e non é necesaria inscrición)
 Colabora Deputación de Ourense.
 

Contacontos Zapatiños de Cartón.

Zapatiños de Cartón, o avó do Carballo con Botas, chega á biblioteca portador dunha carta dos bosques para que nenas e nenas aprendan a coidar da terra. Grazas aos libros podemos coñecer e coidar de teixos, freixos, bidueiras…, porque as bibliotecas son bosques xa que os libros algún día foron árbores.
 
Xoves 20 de xullo ás 11:30h na Praza da Souteira (Esgos)
 
Esta actividade está enmarcada no programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.