A nosa biblioteca foi seleccionada como unha das gañadoras dos Premios María Moliner 2020.
O premio consiste en 2.000€ para compra de libros para a biblioteca. Estes premios outórgaos o Ministerio de Cultura e Deporte e neles prémiase a aquelas bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, que incorpore a usuarios e usuarias no
deseño e a programación das actividades, a especial atención a colectivos con dificultades para o acceso á lectura, incluíndo accións que incentiven a convivencia social e interxeracional, a realización de actividades que promovan a concienciación ambiental, a súa orixinalidade e innovación e que as actividades teñan continuidade ao longo do ano.