O verán a Esgos chega cargado de actividades culturais e de ocio: contacontos, obradoiros, cine, concertos…
Isto só é un adianto, xa que iremos publicitando os eventos a medida que se achegue o día por si houbera algún cambio de data ou horario.
Os máis pequenos xa participan de luns a venres polas mañás nas actividades do campamento de verán, pero ademais, poderán desfrutar de contacontos no mes de xullo e agosto organizados dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito da Xunta de Galicia. En agosto tamén contarán cunha xornada de xogos tradicionais.
Tamén teremos dúas sesións de cine «Cuñados» en xullo e «Life is live» en agosto. Ademais do concerto de «Brañas Folk», todo dentro do programa da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense.
Ademais, os veciños e veciñas poderán participar nun obradoiro de elaboración de xabóns e deterxentes naturais para o que é necesario inscrición previa, e na presentación do libro da nosa veciña Lourdes Pazo.