Asuntos Laborais
Coñeza os servizos de asuntos laborais
Este servicio adícase fundamentalmente a informar e asesorar a particulares e empresas e a difusión das políticas activas de emprego que ofrece a Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.
Dende os Servicios Laborais do Concello de Esgos lévanse a cabo as seguintes actividades:
- Dinamización socioeconómica no ámbito local.
- Investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio.
- Estímulo de proxectos empresariais.
- Asesoramento para a creación de proxectos empresariais:
- Apoio no proceso de posta en marcha de pequenas iniciativas empresariais.
- Análise da viabilidade da idea e elaboración do Plan de Empresa.
- Asistencia técnica no desenrolo inicial e acompañamento nas primeras etapas de actividade.
- Asesoramento sobre as axudas dispoñibles para os emprendedores.
- Asesoramento de persoas desempregadas:
- Propocionándolles un maior coñecemento dos servicios e instrumentos existentes para favorecer a súa inserción laboral.
- Poñendo a disposición das empresas que o requiran a base de desempregados do Concello.
- Difusión das políticas activas de emprego que ofrece a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais:
- Axudas ao Autoemprego
- Axudas para a contratación por conta allea
Contacte cos servizos de asuntos sociais
¿Precisas Axuda?
Póñase en contacto co Concello de Esgos dende a nosa páxina de contacto. Atenderémolo coa maior brevedade posible