No seu art. único di textualmente:
«Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Esgos (Ourense), que quedará organizado do seguinte xeito: de azur unha cruz patada de ouro; na punta, rocas do mesmo. Ó timbre, coroa real pechada».
Para definir un escudo heráldico este breve e preciso texto é máis que suficiente, pero para os non iniciados en heráldica e, sobre todo, na súa peculiar liguaxe, quizás resulte insuficiente e difícil de entender. Non obstante antes convén aclarar que na liguaxe heráldica as cores teñen outras denominacións; así; azur = azul, gules = rojo, sinople = verde e sable = negro. Existen ademais os metais, ouro e prata, que se poden representar como amarelo e branco respectivamente.
Dito isto, só nos queda aclarar outros conceptos como, campo ou boca e timbre:
- Campo, denomínase así á forma do escudo.
- Timbre, por medio deste grafismo identificase o seu posuidor e catalógase entre a nobreza, a igrexa, as corporacións etc. O timbre máis corrente soe ser o «yelmo» e as coroas. Desta existen moitas formas: realpechada, de duque, de marqués, de conde…
Coñecido isto, vamos a facer unha descripción do escudo heráldico de Esgos, que sería:
«No campo de azur, unha cruz prateada representada sobre unhas rocas, situadas na punta ou parte baixa do escudo, sendo a cruz e as rocas de ouro.Ó timbre, sobre o escudo, unha coroa real pechada con diademas e perlas sobre as mesmas»
¿Qué significa o escudo e as figuras que nel se representan?
A cruz alude ó importante asentamento monástico de San Pedro de Rocas, mentres que as rocas, elemento singular e característico do concello non necesita máis explicación. O timbre, é común a tódolos concellos de España.
A proposta do escudo coa súa simboloxía e a súa representación gráfica son obra do prestixioso heraldista Eduardo Pardo de Guevara e Valdés.
Tomás Vega Pato