Asuntos Sociais
Coñeza os servizos de asuntos sociais
Os servicios sociais de atención primaria constituén o nivel máis próximo ó usuario e o seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.
O Centro de Servicios Sociais do Concello de Esgos está ubicado no edificio da casa do Concello, situado na Praza de la Souteira s/n (Esgos).
O persoal da área de Servicios Sociais está composto por dúas traballadoras sociais e tres auxiliares de axuda no fogar.
Dende os Servicios Sociais do Concello de Esgos lévanse a cabo os seguintes programas:
- Programa de orientación, asesoramento e información.
- Programa de axuda no fogar
- Programa de inserción social.
- Programa de animación, prevención e cooperación social.
- Programa de aloxamento alternativo.
- Programa de Educación Familiar.
- Oficina municipal de Información Xuvenil
- Programa de Teleasistencia domiciliaria.
- Programa da Muller.
- Programa Preescolar na casa.
- Programa «xantar na casa».
- Programa «Préstamo de axudas técnicas».
- Programa de igualdade e contra a violencia de xénero.
Contacte cos servizos de asuntos sociais
¿Precisas Axuda?
Póñase en contacto co Concello de Esgos dende a nosa páxina de contacto. Atenderémolo coa maior brevedade posible