Apertura das piscinas municipais

Comunícase que as piscinas municipais abrirán o día 1 de xullo, en horario de 12:30h a 20:30h.

O prezo da entrada é de 1,50€.

Os interesados nos BONOS, deberán pasar polo Concello en horario de 9:00 h a 14:00 h ou pola Biblioteca municipal en horario de 17:30 h a 20:00h.

Canto custan os bonos?

  • Menores de 10 Anos: Gratis
  • De 11 a 17 anos: 10 € (empadronados) e 20 € (non empadronados)
  • De 18 a 65 anos: 15 € (empadronados) 30 € (non empadronados)
  • Maiores de 65 anos: gratis (empadronados) e 30 € (non empadronados)

Aplicarase un desconto do 20% aos prezos anteriores para familias (pais/nais e fillos/as) sempre que se paquen 3 bonos ou máis.