«Tardeo» do 8M

Os Servizos Sociais do Concello de Esgos organizan unha tarde de actividades para mulleres para conmemorar o 8M:

Venres 8 de marzo, Día da Muller a partir das 19:00h no Centro Cultural Parada Justel.

Comezaremos ás 19:00h cunha charla de empoderamento feminino a cargo de Carmen Armada, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, cun Máster en Estudios de Xénero e amplia experiencia como docente en cursos de historia das mulleres e violencia de xénero.
Continuaremos degustando uns petiscos salgados e doces acompañadas de música de autoría feminina e remataremos cun sorteo de agasallos.

Está actividade é gratuita e está dirixida a todas as mulleres do concello, pero para participar é imprescindible inscribirse no Concello antes do mércores.