Libera 1m2
No Concello de Esgos unímonos ao proxecto «Libera: unidos contra la basuraleza». Trátase dunha campaña de ciencia cidadá e recollida de residuos que ten como obxectivo profundizar no coñecemento dos residuos abandoados que invaden os diferentes entornos naturais do noso país.
O domingo 17 de marzo levaremos a cabo a recollida e estudio dos residuos atopados no paseo dos muiños do río Grañal, entre Esgos e Folgoso.
Os veciños e veciñas que queiran participar terán que inscribirse ata o xoves día 14 na biblioteca ou enviando o nome completo e DNI ao correo electrónico biblioesgos@gmail.com ou ao whatsapp 607494439. As prazas son limitadas xa que a actividade conta cun seguro para os voluntarios.
Entregaranse aos participantes luvas e bolsas para a recolección de residuos e recoméndase levar calzado cómodo e calquera obxecto que se considere necesario para a recollida lo lixo.
Ademais do estudio científico, preténdese preservar a beleza natural da zona, promover a conciencia ambiental e coidar dos nosos ríos entre todos.