Situación De Risco Por Influenza Aviaria En Aves 2023

Ao longo do pasado ano 2022 a situación epidemiolóxica en España en relación á Influenza Aviaria de Alta Patoxenicidade (IAAP) agravouse con respecto a anos anteriores.


Ainda que o noso concello non está incluido nas zonas de risco queremos recordar que, segundo a Orden APA/2442/2006, a presenza de aves de curral (aquelas destinadas á produción de carne, ovos, outros produtos ou á actividade cinexética) en centros de concentración (feiras, mercados,…) está prohibida, agás autorización da autoridade competente en materia de sanidade animal tras unha avaliación do risco.

Por outra banda, informar da OBRIGA que teñen todas as persoas titulares de CURRAIS FAMILIARES DE AUTOCONSUMO, independentemente do concello onde se atope, de inscribir o seu curral no Rexistro de Explotacións Avícolas da Consellería do Medio Rural. A única finalidade deste rexistro é ter constancia da existencia do curral, como información de interese nunha situación de emerxencia sanitaria por influenza aviaria no territorio galego.


Este rexistro pode realizarse por diversas vías:

Máis info en: https://fegamp.gal/content/situacion-de-risco-por-influenza-aviaria-en-aves-2023