A Corporación Local adoptou en vista da actual evolución do COVID-19 (coronavirus), e seguindo as directrices da Xunta de Galicia, SUSPENDER DURANTE 15 DÍAS TODAS AS ACTIVIDADES que se leven a cabo nos centros municipias (Biblioteca, Centro Cultural, actividades lúdicas, actividades deportivas, etc) así como recomendar a non celebración de actividades ou reunións promovidas por asociacións, grupos informais, etc.
Os servizos administrativos municipais funcionarán a porta pechada de 9:30 a 13:30 horas. A atención será exclusivamente telefónica e telemática.
- Teléfono: 988 290 000
- Correo electrónico: info@concelloesgos.com | esgos@concelloesgos.com
- A través da Sede electrónica: https://concelloesgos.sedelectronica.gal/