O Domingo 17 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas.
Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos, castañas e
bica. E actuará a charanga «A Felga».
Para poder asistir deberán retirarse as entradas ata o 15 de novembro nos bares e tendas e nas oficinas do Concello a un prezo de 8€ os adultos e 3€
os nenos.