II Mercadillo veciñal de segunda man

O Concello de Esgos organiza a segunda edición do Mercadillo veciñal co obxectivo de fomentar o intercambio e reutilización de obxectos de segunda man e a comunicación e convivencia entre os veciños.

Levarase a cabo en praza de Saa e Praza do Afiador durante a xornada do domingo 2 de xuño, dende as 11:00 ata as 19:00 horas.

CONDICIÓNS E REQUISITOS PARA INSTALAR UN POSTO NO MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN DE ESGOS

  • Os postos do Mercadillo Veciñal están destinados exclusivamente aos veciños e veciñas do Concello de Esgos, a título particular e nunca como persoa empresaria. Por iso, non se realizará actividade profesional e/o comercial algunha durante o mercadillo, sendo o obxecto do mesmo a venda e/o intercambio de obxectos usados entre particulares. Os artigos serán intercambiados por outros, ou vendidos por prezos módicos ou simbólicos e inferiores ao prezo de adquisición. As asociacións deste Concello tamén poderán solicitar un posto no mercadillo.
  • Os veciños interesados en instalar un posto no mercadillo deberán solicitalo na biblioteca antes do 29 de maio.
  • Os postos serán mesas expositoras ou, como máximo, estruturas metálicas tipo mercadillo. Os adxudicatarios serán responsables de levar todo o necesario para montar os seus postos.
  • Queda prohibido utilizar calquera tipo de ancoraxe, nin ao chan, nin a árbores, nin a bancos ou mobiliario urbano.
  • Os postos ocuparán unicamente o espazo autorizado, non podendo os obxectos expostos sobresaír dos mesmos, nin interferir o normal paso das persoas asistentes ao mercadillo.
  • A superficie máxima a ocupar por cada participante é de aproximadamente 3 metros de longo por 2 de ancho.
  • Os bens ou produtos obxecto da venda ou intercambio serán exclusivamente produtos usados de “segunda man”. No mercadillo haberá espazo para películas, obxectos de coleccionismo, libros, bixuterías, xoguetes, enxoval de fogar e calquera outro artigo de interese.
  • A montaxe e desmonte dos postos, así como a limpeza dos mesmos e do espazo ocupado por estes será de conta do solicitante.