O Instituto Galego de Consumo e da Competencia impartirá dúas charlas en Esgos para achegar á poboación información e asesoramento en materia de consumo.
Como persoas consumidoras e usuarias de produtos e servicios de todo tipo enfrontámonos a diario a conceptos e situacións complexas. Coñecer os nosos dereitos, reduce os riscos de vulnerabilidade e alenta ás consumidoras e consumidores a un consumo máis responsable, consciente e sustentable.
Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas…
18 de xaneiro de 2024 ás 17:30h na Biblioteca Municipal
Consumo responsable e decisións de compra: prezos, etiquetado…
30 de xaneiro de 2024 ás 17:30h na Biblioteca Municipal